8/3/19

ENTREGAMOS A CESTAAAAA!!!!

Hoxe volvemos a sortear de novo a cesta de entroido, xa que o boleto premiado o venres 1 de marzo, non apareceu.
Fixemos o sorteo na hora do recreo e o número premiado é o......
 01547
Puxémonos en contacto coa persoa agraciada que se presentou non Centro co boleto premiado para recoller a cesta.
NORABOA!!!!

1/3/19

CESTA PREMIADA!!!

Hoxe no cole sorteamos a cesta de entroido e o NÚMERO PREMIADO é o 01283.
O agraciado ou agraciada deberá presentar o boleto premiado  para poder recollela no Ceip de Arzúa. O prazo límite para poder retirala é ata xoves 7 de marzo de 2019, en caso de que non apareza, procederase a un novo sorteo o venres 8 de marzo.
 NÚMERO PREMIADO 01283!!!!

28/2/19

CESTA DO ENTROIDO!!!

Xa chegou o Entroido!!!... e cada vez estamos máis preto da nosa viaxe á neve.....
Traballamos con ilusión e entusiasmo para poder aumentar un día máis de estancia en San Isidro, por iso decidimos sortear unha cesta con productos do entroido e avaratar así o custo desta saída deportiva.
Dende aquí, os alumnos e alumnas de quinto e sexto,  queremos agradecer a todas aquelas personas, que dun xeito ou outro, apoiaron a nosa iniciativa e participaron nela.
Moitassssss graciassss!!!
Lembrade que este VENRES, 1 DE MARZO,  despois do desfile de entroido, que terá lugar no pavillón de O Viso,  sortearemos a CESTA DO ENTROIDO.


22/2/19

II Xornada de Deporte escolar en Arzúa

Nesta ocasión os nosos compañeiros de Touro viñeron 🚌 a disfrutar de unha xornada de deporte ao noso colexio.
Nenos e nenas xogamos a fútbol, balonmán e baloncesto🏀 ante un público entregado!






19/2/19

I Xornada de deporte escolar en Touro

Despois de tanto entrenar, chegaron as xornadas de deporte escolar en Touro o venres 8 de febreiro.
Compartimos, desfrutamos moito co deporte e mesmo facemos amigos!

Futbol




Balonmano







Baloncesto


18/2/19

No fondo....todos e todas somos iguais!

O coñecemento do corpo, promover hábitos saudables e concienciar da importancia do exercicio físico para o seu coidado é un dos nosos propósitos. Que mellor forma de tomar contacto que viaxar ao noso interior mediante a realidade virtual; con ela os nenos de 6º A poidemos observar o noso esqueleto, o aparello dixestivo, excretor, respiratorio, o aparello circulatorio e mesmo medimos as nosas pulsacións por minuto!


Iguálate na carreira!

En Santiago poidemos disfrutar de unha carreira de atletismo  na que nenos e nenas demos o mellor de nós… O camiño púxose difícil, coa choiva e o barro pero con moito esforzo, vontade e traballo en equipo chegamos ao final e mesmo logramos clasificarnos!🏆
A próxima carreira a nivel provincial será en Noia. 
Estamos desexando que chegue o día!👣
Gracias aos pais e nais que nos acompañaron e apoiaron!